"Desde mi punto de vista –y esto puede ser algo profético y paradójico a la vez– Estados Unidos está mucho peor que América Latina. Porque Estados Unidos tiene una solución, pero en mi opinión, es una mala solución, tanto para ellos como para el mundo en general. En cambio, en América Latina no hay soluciones, sólo problemas; pero por más doloroso que sea, es mejor tener problemas que tener una mala solución para el futuro de la historia."

Ignácio Ellacuría


O que iremos fazer hoje, Cérebro?

domingo, 8 de junho de 2008

Já leram um texto em galego?

Nunca tinha visto um texto em galego. Hoje casualmente cai na página do Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz. è um misto de português e espanhol com algumas esquisitices como escrever conxunto, xeitos.

http://www.igesip.org/index.htm

:: O Instituto

O Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz é unha organización non-gobernamental para o desenvolvemento, sen ánimo de lucro e de ámbito galego, que naceu coa finalidade de emprender investigacións interdisciplinares nos terreos da seguranza e relacións internacionais, paz e resolución de conflitos, así como accións de cooperación e educación para o desenvolvemento naqueles territorios máis afectados polos conflitos armados. O Instituto procura a difusión e aprofundamento nunha área tan extensa como pouco desenvolta no noso país, a dos estudos sobre a paz e os conflitos, sempre desde unha óptica aberta e plural, desvinculada de opcións ideolóxicas ou académicas predeterminadas.

Principios fundacionais

Se ben é certo que nas últimas décadas se realizaron grandes progresos na promoción dos valores e dos principios da cultura da paz, acadar un mundo baseado na non-violencia, o respecto polos dereitos humanos, o desenvolvemento sustentábel e a diversidade cultural está aínda lonxe de ser unha realidade. Non só reapareceron conflitos que acreditabamos soterrados, senón que as pautas globalizadoras dominantes ameazan tamén amplos sectores da poboación mundial coa marxinalización social, cultural, económica, ambiental, fomentando enormes brechas en sectores clave como a educación e as tecnoloxías.

Desde o Instituto entendemos a paz non apenas como a ausencia de conflitos, pois require tamén dun proceso positivo, participativo e dinámico no que sexa factíbel promover o diálogo intercivilizacional buscando solucións ás controversias con espírito de entendemento, cooperación e comprensión mutuos. Tal e como a definen as Nacións Unidas, a cultura da paz é un conxunto de valores, actitudes, xeitos de comportamento e de vida que rechazan a violencia e prevén os conflitos actuando sobre as súas raíces.

Neste sentido, tanto nos ámbitos da investigación para a paz como de acción de cooperación para o desenvolvemento, compre aprofundar no coñecemento da violencia en xeral e dos conflitos armados en particular para estar máis un paso preto da paz. É por iso que nace o Instituto Galego Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz, coa intención de promover aportacións creativas e orixinais, e non por iso pouco rigorosas, desde unha óptica multidisciplinar que se aproxime na maior medida posíbel á comprensión dunha materia tan sumamente complexa.
Obxectivos

A existencia do Instituto Galego de Estudos de Seguranza Internacional e da Paz ten como finalidade o estudo e investigación nos ámbitos da paz, dos conflitos, da defensa e da seguranza e relacións internacionais desde unha perspectiva ética, científica, social, técnica e estética, aportando un enfoque multidisciplinar, multidimensional, plural, aberto e multicultural. É tamén un obxectivo principal a concepción, a execución e o apoio de programas e proxectos de cariz cultural, ambiental, cívico, social e económico, nomeadamente através da aplicación práctica dos resultados das actividades de investigación acima mencionadas no campo da resolución e prevención de conflitos e construción/mantemento da paz en accións nos países e rexións en vías de desenvolvemento ou/e particularmente castigados por enfrontamentos violentos, sexan estas:
§ De cooperación para o desenvolvemento;
§ De asistencia humanitaria;
§ De axuda de emerxencia;
§ De protección e promoción dos dereitos humanos.
Son aínda obxectivos do Instituto a sensibilización da opinión pública para a necesidade de un relacionamento cada vez máis empeñado cos países en vías de desenvolvemento, ben como as súas realidades, designadamente no que di respecto dos conflitos armados internos e internacionais nos que se ven involucrados e as raíces e consecuencias destes. Neste sentido, o Instituto promoverá accións orientadas á difusión e estudo dos dereitos humanos, do dereito internacional humanitario e dos valores de solidariedade.

Conscientes de que a educación é un factor imprescindíbel para o desenvolvemento integral das sociedades e para a existencia e reforzo da paz, o Instituto asume a promoción dese obxectivo como unha dimensión fundamental da súa actividade. Deste xeito, pretende incidir na cidadanía através de actividades como congresos, seminarios, simposios, obradoiros, debates, conferencias, cursos de formación e de posgrao, exposicións e mostras, da edición e publicación de materiais bibliográficos, audiovisuais e multimedia de carácter científico e/ou pedagóxico, da promoción de pesquisas e traballos de campo nas áreas de estudo centrais e da elaboración, execución e apoio de programas e proxectos de cooperación para o desenvolvemento, nas seguintes áreas de intervención:
§ Ensino, educación e cultura de paz;
§ Asistencia científica e técnica;
§ Emprego e formación profesional;
§ Protección e defensa do medio natural;
§ Integración social e comunitaria, nomeadamente através do estudo das minorías, da implicación da muller e da promoción de actividades nas zonas (parroquias, concellos ou comarcas) rurais, periféricas e barrios desfavorecidos;
§ Reforzo da sociedade civil, através da colaboración con institucións e asociacións conxéneres, da promoción do voluntariado e outras prácticas solidarias e do apoio a asociacións de base e centros de ensino nos países en vías de desenvolvemento;
§ Educación para o desenvolvemento, designadamente através da aplicación das novas tecnoloxías da comunicación e información e innovacións metodolóxicas no campo da pedagoxía.
§ Promoción de hábitos de estudo e investigación entre a xuventude.

Nenhum comentário: